
Miles de persoas maniféstanse en Santiago en defensa da lingua galega César Arxina - Europa Press g5p5i
Miles de persoas maniféstanse en Santiago en defensa da lingua galega 4zm5
A concentración estivo convocada por Queremos Galego neste Día das Letras Galegas 104f62
Máis noticias: As Letras Galegas homenaxean o pasado e reivindican o futuro da música tradicional 3s2u
Este sábado, coincidindo co Día das Letras Galegas, miles de persoas acudiron a Santiago a manifestarse en defensa da lingua galega. Convocadas pola plataforma Queremos Galego e baixo o lema "Lingua vital, xa!" a concentración comezou na Alameda ás 12:00 horas coas persoas asistentes dirixíndose ata o Obradoiro.
Durante o percorrido, os manifestantes reclamaron o cumplimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e dos acordos nacionais e internacionais. A manifestación rematou cunha foliada no Obradoiro.
Antes da saída, o portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, en declaracións recollidas por Europa Press, definiu a xornada como "histórica e decisiva", afirmando que "non nos resignamos á expulsión da lingua galega da maior parte dos ámbitos da vida social".
Proceso Lingua Vital 5s3i4g
Ademais, anunciou que o inicio do proceso Lingua Vital, para "tomar as rendas do galego", será "plural participativo e aberto", onde as entidades sociais galegas que "foron exluídas do proceso da Xunta" decidirán cales son as cousas que fan falta en cada un dos ámbitos.
Durante o percorrido deste ano cun novo itinerario, según informa Europa Press, este pasou pola avenida de Figueroa, San Clemente, a travesa de Fonseca e Ou Franco ata chegar ao Obradoiro, os manifestantes entoaron os cánticos principais desta xornada: 'Na Galiza, en galego' e 'Galiza ten futuro en galego'.
Na chegada á praza do Obradoiro, que nesta xornada foi o escenario dunha "gran foliada" ao ritmo festivo das gaitas e as pandeiretas, Maceira e a coordinadora da plataforma, Celia Armas, leron un manifesto, que comezou lembrando a figura das cantareiras e pandereiteiras, homenaxeadas este ano.
"É posible reverter a situación do galego. Se a Xunta quixese podería ir implementando medidas para recuperar falantes", apuntou Armas, á vez que subliñou que, os participantes nesta marcha, están "orgullosos desta lingua milenaria" e que piden "ter os mesmos dereitos que calquera outro falante doutra lingua".
"Resignar á situación de emerxencia lingüística extrema á que chegamos, á expulsión do galego de todos os ámbitos da vida social e á vulneración sistemática dos nosos dereitos lingüísticos", afianzou Maceira ante unha praza do Obradoiro na que tamén se escoitaron berros de 'Altri Non'.
A continuación, Maceira dirixiuse ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e asegurou que o galego "está vivo a pesar da Xunta". "Se aínda non foi capaz de derrotalo, como reclamaba naquela manifestación infame contra o galego —en referencia á mobilización de febreiro de 2009 convocada polo colectivo Galicia Bilingüe—, é porque hai un pobo que o sostén, que se organiza e dálle o osíxeno que lle negais", aclamou.
Neste sentido, Maceira apuntou que espera que o PPdeG "se sume, que cumpra co seu deber e abandone a beligerancia contra Galicia e o galego". Con todo, avisou que "non van esperar" de que os "xefes de Rueda e de Feijóo en Madrid" decidan "emendar o seu programa".