
Darío Loureiro durante el rodaje de 'Rapa'. Jaime Olmedo 6w6u6i
Ofrecido por:
Darío Loureiro, actor: "Como galego, actuar en 'Rapa' foi un orgullo e unha responsabilidade" 333z4s
O intérprete gañou o galardón a mellor protagonista nos Mestre Mateo polo seu papel como Tacho 635x1i
Maís noticias: 'Fosco', de la coruñesa Portocabo: "Haber hecho 'Rapa' en Galicia es un hito difícil de repetir" i6m11
Aos seus 27 anos, Darío Loureiro (Teo, 1997) pode presumir de ter un Mestre Mateo. O seu papel como Tacho na popular serie Rapa —a absoluta gañadora da última edición os premios con once galardóns— converteuse nunha das pezas claves do éxito desta ficción situada en Ferrolterra.
O rapaz que comezou nesto da actuación con 7 anos e que, polo camiño, sacou unha carreira e máster de enxeñaría industrial, aproveita a repercusión da serie de Portocabo e Movistar+ para avanzar no seu obxectivo: seguir traballando. A serie Marusía. Vientos de Honor, que se está rodando nestas semanas no sur de Galicia, é o seu seguinte proxecto.
Como foi a experiencia de dar vida a Tacho?
Sorprendente, porque se planteaba quizais unha personaxe únicamente para a segunda tempada. Para min xa era unha sorte por poder compartir case todas as secuencias con Javier Cámara ou con Mónica López. De repente, a personaxe de Tacho volve aparecer na terceira tempada e foi unha mezcla entre responsabilidade, porque apostaron por min e había que estar á altura, e outra vez unha sorte. Tardei un pouco en asimilar a gran oportunidade e o difícil que é conseguir un papel así nunha serie como Rapa. Sobre todo á miña idade, ter un papel coprotagonista con Javier ou Mónica nunha serie de Movistar é algo que todos queremos.
Como asumiches esa responsabilidade cando Tacho pasou a ser coprotagonista?
Foi unha cousa moi orgánica, porque desde o momento no que me dixeron que ía estar, xa empezamos a falar Javier, Mónica e eu. Antes de rodar ensaiamos moito os tres xuntos e fomos dándolle forma entre todos. Compartía case todas as secuencias con eles e fixemos moi boas migas a nivel persoal, así que foi moitísimo máis fácil.
Era unha personaxe necesaria para facer de contrapunto de Tomás (Javier Cámara)?
Si, por moitas cousas. Tiña unha parte moi cómica. Parecía Don Quixote e Sancho Panza. Pero despois, preparando os personaxes, viñeron darnos unhas charlas unhas chicas da asociación da ELA de Galicia e contáronnos a grosso modo, porque cada paciente da ELA é diferente e concretamente para a miña personaxe, como se prepara un familiar, un amigo, unha persoa para coidar a un paciente. Ves como pouco a pouco vai empeorando, vai deixando de comer, vai deixando de falar. É moi duro.
É tamén unha responsabilidade.
Si. Creo que era necesario. Dá moito sentido á historia de Javier, que xa ten con Mónica unha parte da trama, pero creo que Tacho lle da un pouco de cotidianidade ou de realismo a maiores ao ser o cuidador do personaxe de Javier, de Tomás.

Darío Loureiro como Tacho en 'Rapa'.
Como foi a rodaxe en Ferrolterra?
Nunca vivín en Ferrol e foi unha sorpresa incrible. Moita xente di que Ferrol é a cidade fea de Galicia e para nada. Cada cidade é diferente, Ferrol ten o seu encanto, non só como cidade, senón que as praias que están ao norte, a costa, eses acantilados... É espectacular. A min sorprendeume moitísimo porque, aínda sendo galego, non coñecía esa parte.
Tacho é moi ferrolán. Como preparaches ese aspecto da personaxe?
Na segunda temporada axudou moi moito un rapaz que se chama Gustavo, que ten unha compañía de teatro na Coruña, e me dicía as palabras que utiliza a xente nova de Ferrol, incluso, como andaban, como vestían, que zonas frecuentaban... Fomos facéndoo pouco a pouco, construíndo entre todos. E no guión, evidentemente Pepe Coira e Fran Araújo preparan moitísimo as tramas sobre as que escriben. Tamén algúns do equipo eran de Ferrol, e dicían: "Cando vexo aquí aos chavales de Ferrol, din moito 'Nacho'".
Moita xente di que Ferrol é a cidade fea de Galicia e para nada
Como galego, que supón protagonizar unha serie feita en Galicia pero con tanta repercusión fóra?
É un orgullo. Case sempre traballei en Galicia, pero non en proxectos de tanta repercusión como Rapa. Poder facer un desa envergadura na casa e co equipo, que era todo ou case todo galego, nun sitio como é Galicia... Outras veces vas rodar a Madrid e saes do plató e non é por nada, pero é feísimo todo. Aquí saías de grabar en Doniños e quedábamos alí no chiringuito. Como galego, ser quizais a cara visible de todo o reparto de galegos, que era impresionante, é un orgullo e unha responsabilidade.
A serie remata dunha maneira moi emotiva. Tamén foi así a rodaxe?
Era moi especial para todos. Foi moi emotivo, porque ao mesmo tempo non só era despedir os personaxes, era despedir a rodaxe. O día no que rodamos o final da serie, non só estábamos os actores emocionados, estaba todo o equipo chorando polas esquinas, con gafas de sol, intentando aguantar o tipo... Era moi triste pensar que íamos despedir a esa personaxe e que nos despedíamos todos.

Darío Loureiro como Tacho en 'Rapa'.
E tamén sería emotiva a gala dos Mestre Mateo.
Xa estivera nomeado o ano pasado e si que estaba moi nervioso. Déronllo a Tamar (Novas) e merecidísimo obviamente. Unha cousa é estar nomeado e outra é ganalo. Este ano estaba nomeado con Javier Cámara, con Javier Gutiérrez e con Federico Pérez e non preparei nada. Cando escoitei o meu nome dixen: "Madre mía, teño que ir". Todo o mundo me di que foi un discurso moi bonito pero teño que escoitalo e velo. Estaba deixando repousar un pouco a historia, porque non me acordo do que dixen.
No discurso mencionabas tamén aos teus pais.
Si. Empecei con sete anos, e se non fora por eles, que me levaban, traían, rompían a cabeza a Santiago, á Coruña, onde fora, sería imposible. Evidentemente doulle as grazas a eles. E ainda sen ser menor, se non fora por eles, non estaría aquí.
iro moitísimo a Javier Cámara
Logrado o Mestre Mateo, que ambicións profesionais tes?
Traballar. Traballar moito, en proxectos interesantes e con xente interesante. Ao final, a ambición non pode ser un premio, é algo colateral. Se o dan, moi ben, porque é un recoñecemento da profesión, pero a ambición é traballar e facelo o mellor posible. E xa está.
Falando de xente interesante, tes algún referente en mente?
Un deles era Javier Cámara e conseguino. iro moitísimo a Javier, e claro todo o mundo quere traballar con el, non? Hai moitísima xente interesante, caras menos coñecidas, máis coñecidas, das que aprendes moitísimo e que te levarías sorpresas incribles.